Home A Coruña Ribeira se solidariza novamente co Club de Remo da Pobra Ribeira 28...

Ribeira se solidariza novamente co Club de Remo da Pobra Ribeira 28 de xaneiro

- Anuncio -

Aínda todos e todas temos na retina o fatídico incendio que asolagou ao Club de Remo da Pobra a comezos de xaneiro deste ano, dende aquela data as mostras de solidariedade chegan de todos os recunchos de Galicia, e como non nesta ocasión da veciña Ribeira da man da “Escuela de Boxeo El Canario que xunto co Club de Natación de Ribeira presentaron hoxe a “Carreira e Andaina Solidaria” ao beneficio do club de remo veciño municipio.

Á presentación acudiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, a responsable da “Escuela de Boxeo El Canario”, Clara Millares, o responsable do Club de Natación Ribeira, Juanky Ageitos, Adrián González, remeiro e membro da directiva do Club de Remo da Pobra xunto ca remeira Moncha López do mesmo club.

Xabier Vidal introduciu a presentación agradecendo aos clubs a iniciativa solidaria e anunciando que esta carreira e andaina dará comezo o vindeiro 2 de febreiro ás 11:00 h no Complexo Deportivo da Fieiteira na pista de atletismo.

A aportación solidaria para a andaina será de 5 euros, a mesma cantidade para as carreiras de 5.000 m. (Sub 16 en adiante), a de 2.000 m. e a (Sub 12/Sub 14) de 1.000 m. (familiar). Serán de balde a de 500 m. (Sub 10/Sub 8) e a de 100 m. (Sub 4/Sub 8). As inscricións se farán o mesmo día de 9:30 até as 10:45 da mañá.

Clara Millares apelou á solidariedade e a empatía: “os que formamos parte dun club nos poñemos no seu lugar, o traballo de tantos anos e perdelo todo nunhas horas non é doado e faise moi duro” tamén indicou que a andaina serán uns 6 km. até a Pedra da Ra ”baixando polo parque de San Roque, despois de cara ao final faremos sorteos que aportan diferentes empresas dos dous concellos” finalizou animando á veciñanza a participar.

Adrián González do Club de Remo da Pobra “simplemente agradecer enormemente este xesto dos dous clubs de Ribeira, o feito de que outros clubs empaticen con nós que saben o que consta unha actividade sen ánimo de lucro, e a pesares de ser clubs doutro municipio estamos encantados” e
continuo “xa non é só o que se recade senón o xesto de solidariedade de compartir unha mañá de domingo de actividade física ao aire libre, esperamos que veña bo tempo e animamos a compartir unha mañá saudábel”. Para rematar Adrián comentou que o Club de Remo da Pobra continua coa campaña especial de socios colaboradores con contía anuais de 30, 35 e 60 euros ao ano; “logo temos un canal solidario de bizums e transferencias que son desgravables na declaración da renta ao 80% todo o explicamos nosa redes sociais”.

Para finalizar o concelleiro do Mar tamén quixo agradecer aos dous clubs de Ribeira por esta importante iniciativa “dende o equipo de Goberno de Ribeira sempre haberá unha man tendida para este Club de remo da Pobra para o que precisen”.

Relacionadas

O Concello adxudica a pavimentación dos Muiños en Oleiros. Ribeira, 29 de xaneiro de...

0
O Concello de Ribeira informa da recente adxudicación dunha actuación para garantir o bo mantemento das infraestruturas nas parroquias. O camiño do lugar dos Muiños...

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos

0
O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala...

O Concello avanza no borrador da ordenanza do imposto sobre estadías turísticas

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, encabezou esta mañá a reunión de...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

0
O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro O concelleiro de...

San Sadurniño leva a pleno este xoves a distribución e os proxectos do POS...

0
Este xoves, derradeiro do mes de xaneiro, toca pleno ordinario en San Sadurniño. A sesión está posta para as 19:30h en primeira convocatoria, incluindo...

O Concello de Brión homenaxea a Xosé Vizoso, veciño do municipio a quen se...

0
A biblioteca municipal organiza unha exposición de carteis que ilustran a evolución deste artista plástico e agasalla aos visitantes cun marcador de páxinas dedicado...

Publicacións Relacionadas