• Decenas de veciños saíron hoxe á rúa para denunciar que o Concello segue sen dar resposta aos problemas de ratas, maleza, fochancas, limpeza e falta de seguridade viaria na urbanización da Zapateira
• Izaskun García: “A deterioración de Augas Mansas é evidente. Que máis ten que pasar para que o alcalde cumpra? Prometer non é gobernar”
O Partido Popular de Culleredo mostra o seu total respaldo aos veciños de Augas Mansas, na Zapateira, que esta tarde volveron mobilizarse para denunciar o abandono reiterado que sofre a urbanización e a inacción do goberno municipal de José Ramón Rioboo. A concentración, na que participaron unha trintena de residentes, é a segunda tras a realizada fai sete meses, en xuño de 2025, sen que neste tempo produciuse “nin un avance nin unha mellora”.
Os populares subliñan que esta nova protesta é a proba de que o goberno local volve incumprir e deixa aos veciños sen solucións mentres se agravan problemas básicos que afectan directamente á súa calidade de vida: presenza de ratas, maleza sen rozar, vías con fochancas e fochas, beirarrúas sen renovar, deficiencias no servizo de recollida de lixo e falta de limpeza e seguridade viaria, entre outras carencias. Durante a protesta, os veciños mostraron pancartas con lemas como “Rioboo: menos fotos e máis feitos”, “Augas Mansas, máis parques e menos fochancas” ou “Pagamos impostos, queremos solucións”, que resumen o hartazgo por anos abandono e de promesas sen ver resultados.
O PP lembra que no pleno do pasado mes de marzo aprobouse, a proposta do grupo municipal popular, unha moción que recollía varias das demandas veciñais e fixaba actuacións concretas. Con todo, a día de hoxe, o goberno de Rioboo segue sen executalas. “A deterioración de Augas Mansas é máis que evidente. Que máis ten que pasar para que o alcalde cumpra? Prometer non é gobernar”, denuncia Izaskun García, portavoz popular, que advirte de que o que ocorre nesta urbanización “non é un feito illado: é o reflexo do abandono continuado de todos os barrios e parroquias de Culleredo”.
O PP volverá reclamar no próximo pleno que o goberno municipal execute de inmediato as actuacións aprobadas e comprometidas para Augas Mansas fai agora case un ano e que deixe de desatender sistematicamente as demandas dos veciños: “Teñen dereito a uns servizos dignos de limpeza, mantemento e seguridade, e ímolo a seguir esixindo ata que haxa solucións reais”.



