HomeA CoruñaA CoruñaRodrigo Cuevas e Nuno Pico analizan na Fundación Luis Seoane as novas...

Rodrigo Cuevas e Nuno Pico analizan na Fundación Luis Seoane as novas tendencias da música popular

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Inés Rey, presentou o acto e avogou por “situar vangarda musical no centro das políticas culturais”

A Fundación Luis Seoane acolleu esta tarde un coloquio entre Rodrigo Cuevas e Nuno Pico, de Grande Amore. Este encontro enmárcase como preámbulo do concerto que o artista asturiano, Premio Nacional das Músicas Actuais, ofrecerá no Coliseum o vindeiro 30 de abril, para o que aínda se poden mercar entradas a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

O acto estivo presentado pola alcaldesa, Inés Rey, que reivindicou o papel motor da música popular e tradicional na política cultural do Concello. “A Coruña leva anos apostando por situar a vangarda musical no centro das políticas culturais, recoñecendo o seu valor como parte esencial da nosa identidade”, indicou. O acto continuou cun coloquio entre Cuevas e Pico para afondar nas novas tendencias da música popular. O encontro estivo aberto ás preguntas do público e, posteriormente, proxectouse ‘Llagares’ e houbo unha sinatura de discos.

Publicacións Relacionadas