Free Porn
xbporn
Home A Coruña Román Rodríguez gaba a iniciativa pioneira da "FP Adaptada" no Centro de...

Román Rodríguez gaba a iniciativa pioneira da “FP Adaptada” no Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes o CIFP Paseo das Pontes

- Anuncio -

— O obxectivo é que seis alumnos con necesidades educativas especiais obteñan o certificado de profesionalidade en operacións básicas de pastelaría

— O CEE ofrece formación curricular específica a estes alumnos, competencias que se reforzan no centro de FP e que se completan con prácticas en empresas

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, coñeceron esta semana de primeira man o proxecto FP Adaptada, unha iniciativa pioneira do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga e do Centro Integrado de FP Paseo das Pontes. “Unha iniciativa –salientou o conselleiro– en prol da inclusión educativa, que ofrece a seis alumnos con necesidades educativas especiais obter un certificado oficial de profesionalidade que vai redundar en máis posibilidades de inclusión na sociedade en xeral e no mercado laboral en particular”.

O titular do departamento educativo do Goberno galego quixo tamén destacar o valor deste proxecto “polo seu impacto no conxunto da comunidade educativa dos dous centros”. “No caso do Centro de Educación Especial, anima aos alumnos a fixarse novas metas, ao observar a experiencia positiva dos compañeiros; mentres que para o resto dos estudantes do Paseo das Pontes estes alumnos son un exemplo de esforzo e superación do que aprender”, asegurou.

“O ensino galego conta desde hai case unha década con opcións de FP específicas para as persoas con necesidades educativas especiais, cunha oferta dunha trintena de grupos en Programas Formativos Básicos”, lembrou Román Rodríguez. “Todas as iniciativas que se poñan en marcha co obxectivo de mellorar a vida destas persoas fomentando o desenvolvemento de todas as súas capacidades e talentos son benvidas e agardamos que este modelo poida exportarse a máis centros e situacións”, afirmou.

410 horas de formación
En concreto o proxecto piloto FP Adaptada pretende que seis alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes con necesidades educativas especiais maiores de 16 anos obteñan o certificado de profesionalidade en operacións básicas de pastelería. Para iso, e no marco do acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga), combínanse os recursos do Centro de Educación Especial e do Centro Integrado de FP.

Como primeiro paso, os alumnos reciben formación curricular adaptada no CEE, competencias que se reforzan despois nas instalacións do CIFP Paseo das Pontes, completando un total de 330 horas de formación. O programa inclúe tamén 80 horas adicionais de prácticas en empresas. A formación desenvólvese ao longo de dous cursos, tras o que os estudantes obteñen o seu certificado, que os capacita para traballar como reposteiros, pasteleiros ou traballadores na elaboración de caramelos e doces, entre outras ocupacións.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

Publicacións Relacionadas