A nena cerdidense realiza debuxos de todas as temáticas
A mostra pode verse na Casa do Concello ata que remate o mes en horario de 8 a 14:30 horas
O Concello de Cerdido presenta a súa aposta para este mes de xuño da exposición mensual ‘Unha obra, unha mirada”, que durante estas semanas correrá a cargo da rapaza de Cerdido Rosalía Vieira Bustabad, de 12 anos de idade.
A mostra, que se poderá ver na Casa do Concello ata que remate o mes, en horario de 8 a 14:30 horas, son cadros de debuxos con temática variada.
Hai que lembrar que con este ciclo de exposicións, o Concello o que pretende é poñer en valor a arte local, á vez que dinamiza o ámbito cultural no municipio ao longo de todo o ano.
Segundo indica a concelleira de Cultura, Amalia Rodríguez, “é un auténtico pracer ver como sae á luz a creatividade e o bo facer dos artistas da nosa contorna” e engadiu que “axudamos así a mozos e mozas con talento, que como o caso de Rosalía, vemos que teñen un gran potencial desde moi novos”.