Home A Coruña Roteiro interpretativo polo litoral de Cabanas

Roteiro interpretativo polo litoral de Cabanas

- Anuncio -

A actividade forma parte da programación do Centro de Interpretación do Medio Mariño

O Concello de Cabanas, a través do Centro de Interpretación do Medio Mariño, organiza para este sábado 2 de xullo un roteiro polo litoral de Cabanas e Pontedeume, que ten por obxectivo dar a coñecer a riqueza natural e patrimonial da contorna.

O roteiro, duns 6 quilómetros con dificultade baixa, terá como punto de encontro o Centro de Interpretación do Medio Mariño ás 10h do sábado, onde un autobús trasladará ás participantes até o punto de inicio da ruta, no Muíño de Mareas. Desde aló, realizarase un percorrido guiado no que as participantes poderán coñecer tanto cuestións ambientais como outras de carácter etnográfico.

Tras percorrer o sendeiro da costa, o percorrido achegará ás participantes até Pontedeume, para coñecer a historia de edificios como o mercado, a antiga cárcere, as lonxas ou o Torreón dos Andrade, testemuñas de pedra dos cambios no litoral da desembocadura do Eume, onde centra a súa actividade o CIMM.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente indicando o nome completo, DNI e teléfono de contacto a través do correo electrónico cimm@cimmcabanas.gal ou no teléfono 674 357 478.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas