Home A Coruña Roteiros a pé para coñecer ás últimas mulleres homenaxeadas no programa ‘Bergondo...

Roteiros a pé para coñecer ás últimas mulleres homenaxeadas no programa ‘Bergondo en feminino’

- Anuncio -

· A primeira será o sábado 28 de maio, de Ouces a Moruxo, e a segunda o sábado 4 de xuño, de Guísamo a Cortiñán.

· O obxectivo é continuar divulgando a vida e obra das mulleres de Bergondo, visibilizando as súas achegas á sociedade e reivindicando a igualdade.

· A participación é gratuíta pero hai que inscribirse previamente no teléfono 981 791 252 ext.4 ou enviando un correo electrónico a serezabel.rodriguez@bergondo.gal

O Concello de Bergondo continúa co seu programa ‘Bergondo en feminino’, impulsado pola concellería de Servizos Sociais, e agora organiza a actividade ‘ Camiñada Bergondo en feminino’, que consta de dous roteiros a pé para coñecer a vida e obra das mulleres homenaxeadas nos anos 2021 e 2022.

Esta nova fase do programa municipal a través do que se investiga a historia das mulleres do municipio co obxectivo de visibilizar a súa contribución á sociedade, ten o obxectivo de continuar divulgando a traxectoria das mulleres bergondesas, visibilizando as súas achegas á sociedade e reivindicando a igualdade.

O primeiro roteiro será o sábado 28 de maio, de Ouces a Moruxo, e terá un percorrido de 4 quilómetros con saída ás 10:30 horas do Centro Social de Ouces Antonia Pato e chegada ás 12 horas ao cemiterio de Moruxo. Neste primeiro itinerario as persoas participantes achegaranse ás figuras de Antonia Pato Pardo, María Vázquez López e Indalecia Juana Pérez Mesa.

A segunda terá lugar o sábado 4 de xuño, de Guísamo a Cortiñán, cun percorrido de 3,6 quilómetros con saída ás 10:30 horas desde a Sociedade Recreativa de Guísamo e chegada ás 12 horas ao Centro Social de Cortiñán. Aquí as figuras que se coñecerán en profundidade son as de Natividade Martínez de Pan e Carmen Miramontes Vidal, aproveitando neste último caso para descubrir a placa na súa homenaxe no lavadoiro de Cortiñán.

Estas camiñadas están pensadas para todos os públicos, a dificultade é baixa e a idea é ir con calma para poder gozar da paisaxe e deterse nas explicacións das homenaxeadas. A organización entregará unha bolsa cunha camiseta e outros materiais do programa, auga e unha froita. Recoméndase levar calzado cómodo, protector solar e unha gorra.

A actividade é totalmente grauita pero as persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 791 252 ext.4 ou enviar un correo electrónico a serezabel.rodriguez@bergondo.gal.

Inicios do proxecto

Este proxecto ten o obxectivo de investigar a historia das mulleres do municipio co obxectivo de visibilizar a súa contribución á sociedade. Os resultados do primeiro taller, iniciado no ano 2019, foron moi satisfactorios, tanto cuantitativamente como cualitativamente, atopándose nomes de moitas mulleres das que se rastrexaron datos das súas vidas e ademais conseguiuse a implicación veciñal en todo o proceso, que culminou cunha publicación e unha serie de roteiros en autobús onde se podía coñecer a historia de vida destas mulleres. Desde o ano 2020 fóronse renombrando os diferentes centros sociais do municipio e outros espazos municipais cos nomes das mulleres homenaxeadas.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas