Home A Coruña Rueda salienta o potencial de Galicia como centro industrial e loxístico do...

Rueda salienta o potencial de Galicia como centro industrial e loxístico do sector emerxente da eólica mariña

- Anuncio -

— Considera o desenvolvemento da eólica mariña unha “grande oportunidade” que vai xerar riqueza e empregos, polo que insta a “non deixala pasar”

— Asegura que a Xunta será “absolutamente exixente” en que se garanta a súa coexistencia coa actividade pesqueira e coa protección do ecosistema

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe o “enorme potencial e posibilidades” de Galicia como centro industrial e loxístico para un sector emerxente como o da eólica mariña. Así o enxalzou durante a presentación dun novo proxecto no eido de compoñentes eólicos da empresa Nervión Naval Offshore, unha iniciativa que o mandatario galego considerou exemplo das novas oportunidades de negocio que a eólica mariña traerá a Galicia, xa que creará 400 postos de traballo entre As Somozas e o porto exterior de Ferrol.

Rueda destacou que, no momento actual, se está ante unha nova revolución industrial da man das enerxías renovables. “É unha oportunidade que non hai que deixar pasar”, advertiu, ao tempo que salientou a creación de riqueza e postos de traballo cualificados directos e indirectos vencelladas ao seu desenvolvemento.

Por iso, apelou á industria e tamén ás administracións a “ser capaces de subirse a este tren” tanto á hora de xerar esta enerxía renovable, como de aproveitar a oportunidade que estas novas enerxías ofrecen a outros sectores, como a industria de compoñentes.

Rueda remarcou a postura da Xunta de defender un desenvolvemento de eólica mariña garantista coa coexistencia da actividade pesqueira e coa protección do ecosistema. “imos ser absolutamente exixentes na compatibilidade co resto de actividades”, comprometeuse ao tempo que defendeu, en todo caso, “non pecharse” ante as novas oportunidades que vai supor esta enerxía renovable, entre as que tamén citou a creación de novos empregos que darán pulo a Formación Profesional Dual.

Medidas da Xunta para atraer investimentos
Rueda enmarcou este proxecto de Nervión Naval Offshore dentro das iniciativas potentes que Galicia está a atraer e que atribuíu á estabilidade, certeza e facilidades que impulsa o Goberno galego a través de iniciativas, entre as que citou as bonificacións por localizarse en parques empresariais autonómicos ou figuras legais, como a iniciativa empresarial prioritaria, que permiten acurtar prazos.

“Acompañaremos os que creen riqueza”, garantiu Rueda ao final da súa intervención, con respecto a proxectos en Galicia que aposten polo desenvolvemento desta enerxía renovable, aos que lle adiantou o apoio da Xunta de Galicia.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas