Os bombeiros do parque Comarcal Provincial das Pontes participaron na noite de onte nun operativo provocado por unha saída de vía na estrada AC-564, á altura do punto quilométrico 25,5, ao paso da vía polo municipio de As Pontes.
O turismo afectado saíu da vía logo de esquivar outro vehículo que atropelara a un xabaril. A persoa ocupante precisou ser axudada a saír do coche polos bombeiros provinciais.