HomeA CoruñaSan Sadurniño pecha temporalmente a escola infantil tras detectarse un positivo entre...

San Sadurniño pecha temporalmente a escola infantil tras detectarse un positivo entre o alumnado

- Anuncio -spot_img

A Escola Infantil Municipal A Rolada pechou a primeira hora desta mañá as súas instalacións tras confirmarse a detección dun caso positivo de coronavirus entre o seu alumnado. A dirección do centro e mailo Concello adoptaron a medida en coordinación coas autoridades sanitarias, quen xa dispoñen de toda a información para facer seguimento de posibles novos contaxios.

Tanto as mestras como toda a rapazada da escola teñen a consideración de contactos estreitos, polo que deberán gardar corentena durante os próximos 10 días e, segundo lles informou o SERGAS, someterse ás correspondentes probas PCR.

Prégaselles ás familias que permanezan atentas ao teléfono para seguir as indicacións que lles dean as autoridades sanitarias e que, mentres non reciban esas indicacións, limiten ao estritamente necesario as súas interaccións sociais fóra do domicilio.

Cómpre recordar que se se nota algún síntoma coincidente co da COVID-19 -febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos- hai que contactar de inmediato co 900 400 116 para comunicalo, en ningún caso se debe acudir directamente ao centro de saúde.

Protocolo sobre contactos estreitos publicado polo SERGAS

Publicacións Relacionadas