Home A Coruña Sánchez Bugallo recorda que o Concello vai deixar de ingresar tres millóns...

Sánchez Bugallo recorda que o Concello vai deixar de ingresar tres millóns de euros porque a Xunta declarou a obra de ampliación do CHUS de interese municipal

- Anuncio -

O alcalde de Santiago amosouse sorprendido polas declaracións do conselleiro de Sanidade, nas que sinalaba que o Concello só aportaba a parcela para o novo aparcamento. Xosé Sánchez Bugallo recórdalle que, ademais destes terreos, e do pago das expropiacións, as arcas municipais van deixar de ingresar sobre tres millóns de euros, xa que, ao declararse a obra de interese local, a Xunta de Galicia benefíciase da bonificación “por circunstancias sociais”, de ata o 95% que existe no imposto de construción, o ICIO, e que está recollida no artigo 8.1 das ordenanzas fiscais.

O rexedor pregúntoulle á Xunta por que no caso de Santiago se declara a obra de ampliación do CHUS de interese municipal, cando no caso das outras cidades galegas a declaración era de interese autonómico, que é vinculante, polo que era o goberno autonómico o que pagaba directamente as expropiacións.

O alcalde recorda que desde decembro, “estamos pendentes dunha reunión coa consellería de Infraestruturas para poder abordar os temas de conectividade do hospital”. Reunión, engadiu, “da que seguimos pendentes e á espera”. E porque, engadiu, “desde o Concello de Santiago ofrecemos unha total colaboración, permanente, en todo. Declaramos de interese xeral a ampliación do Hospital Clínico, conscientes das dificultades que nos ía xerar, pero sabedores de que é unha necesidade inaplazable. Apoiámola sen condicións previas, cun intenso debate plenario”, e “cunha certa confrontación”, por parte dos grupos da oposición. Tamén, engadiu, “manifestamos a nosa conformidade, para apoiar o centro de protonterapia, porque entendemos que é imprescindible”.

O alcalde lembrou qo Concello de Santiago aportou dous aparcamentos “para servizo do centro hospitalario”, que suman “preto de 800 prazas”: o de rotación de Santa Marta, que é de balde, e o soterrado que hai a carón do Hospital Clínico. E agora, continuou, “ofrecemos un terreo para a construción dun novo aparcamento que, entendemos, por razóns de xustiza, debería ser equivalente ao resto de aparcamentos que son titularidade do Sergas”, nas principais cidades galegas, caracterizados, engadiu, “por unhas tarifas máis modestas”, e nos que o investimento, recorda, “foi asumido pola propia consellería”.

O rexedor cre que cuns ivestimentos programados duns 114 millóns de euros, “entre o que aporta a Xunta e o que aporta a Fundación Amancio Ortega, escatimar seis millóns non me parece razoable, sobre todo cando son conscientes de que quen constrúe unha infraestrutura destas caracerísticas, debe ser responsable das consecuencias que se derivan desta construción”. A continuación, Sánchez Bugallo recordou, de novo, que o 80% das persoas usuarias do CHUS, non Son de Santiago, “e que o Concello non ten competencias en transporte metropolitano nen en transporte regular, polo tanto nós entendemos que hai circunstancias que xustifican esta actuación” por parte da Xunta.

O alcalde lembra que entre os compromisos asumidos polo actual goberno municipal, está a expropiación dos terreos que a paga o Concello de Santiago; igual que as anteriores “polo tanto non me parece que esas afirmacións se correspondan coa realidade. Creo que se debe buscar unha solución sabendo que as obras e a construción dos novos centros, vai implicar un agravamento do problema e unha redución do número de prazas de aparcamento, que hoxe, dentro do recinto hospitalario, é moi pequena”.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas