Home A Coruña A Xunta publica a convocatoria do concurso de ideas para a construción...

A Xunta publica a convocatoria do concurso de ideas para a construción da nova sede do Imelga en Santiago

- Anuncio -

— As obras terán un orzamento de 4,3M€ para dotar ao organismo dunha sede de referencia en Galicia cunhas instalacións modernas e adecuadas para a medicina forense e a atención ás vítimas de agresións sexuais

— O Goberno galego convoca o concurso que definirá o proxecto da nova infraestrutura no marco do convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

A Xunta vén de publicar na plataforma de Contratos Públicos de Galicia o concurso de ideas para a construción da nova sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en Santiago de Compostela, no marco do convenio asinado o pasado xullo co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esta actuación suporá un investimento de máis de 4,3 millóns de euros por parte do Goberno galego co obxectivo de dotar ao Imelga dunha sede de referencia na comunidade para a investigación médico-científica legal.

O obxecto do concurso é seleccionar, con carácter previo á licitación do procedemento para a redacción do proxecto, a mellor idea que sirva de base ao proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudo de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto e telecomunicacións das obras de construción do edificio que albergará a nova sede do Imelga na cidade compostelá.

Trátase dun concurso de ideas con intervención de xurado a nivel de anteproxecto coa finalidade de obter un maior número de propostas para unha avaliación máis completa fomentando a participación do sector.

A proposta técnica debe incluír unha memoria da solución proposta na que se baseará a construción detallando aspectos relacionados co deseño, a calidade dos materiais empregados, a integración e a innovación, así como a estimación do custo da edificación e das probas técnicas previas á redacción do proxecto.

Ademais, en canto ao programa de necesidades a desenvolver, os pregos do concurso recollen que no deseño deberanse priorizar a funcionalidade e accesibilidade das instalacións, o aproveitamento da iluminación natural con zonas diáfanas, a flexibilidade e versatilidade da idea para poder levar a cabo modificacións futuras debido aos cambios organizativos que poidan xurdir, ademais dun bo sistema de arquivo.
As bases deste concurso de ideas poden consultarse tanto na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia como na páxina web do COAG, tras a publicación do anuncio no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). O prazo de presentación dos traballos será de dous meses e finalizará o próximo 6 de outubro.

Os gañadores recibirán un premio de 15.000 euros; e os segundos, terceiros e os tres accésits repartiranse unha contía de 40.000 euros. Ademais do premio, os gañadores encargaranse de redactar o proxecto definitivo e a dirección das obras, cun investimento máximo previsto duns 268.400 euros polos seus honorarios.

A Xunta dá resposta con esta infraestrutura a unha demanda histórica e o novo edificio será, por unha parte, sede da dirección do Instituto en toda a comunidade e tamén sede da Subdirección de Santiago, unha das sete coas que conta nas sete cidades galegas. O Goberno galego xa reservou nos orzamentos deste ano 320.000 euros para botar a andar o proxecto e comezar a súa posta en marcha o antes posible.

Deste xeito, o Imelga poderá dispoñer dunhas instalacións modernas e adecuadas para o desempeño dos forenses e equipos psicosociais, cunha dotación de novos e avanzados medios técnicos que lle permitan manterse como centro de referencia da medicina forense e de atención ás vítimas de agresións sexuais. A superficie útil do edificio superará os 3.200 metros cadrados e ubicarase nunha parcela cedida polo Concello de Santiago.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas