Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta adxudica por case 180.000 euros o servizo para obter as...

A Xunta adxudica por case 180.000 euros o servizo para obter as bases topográficas dos concellos de Ames, As Pontes, Cee e Corirós

- Anuncio -

— O contrato enmárcase no Programa de apoio cartográfico subscrito o pasado verán entre o Instituto de Estudos do Territorio, a Fegamp e as catro entidades locais


— A partir dos fotogramas obtidos durante os voos realizados en 2019 e 2020 ao abeiro do PNOA10, obterase a cartografía destes municipios a tres escales diferentes

O Instituto de Estudos do Territorio (IET), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, acaba de adxudicar por 179.080 euros, IVE incluído, o servizo para a obtención de bases topográficas nos concellos de Ames, As Pontes, Cee e Coirós.

O contrato forma parte do Programa de apoio cartográfico a concellos (PACC), un proxecto pioneiro que se enmarca na liña de colaboración que manteñen aberta desde hai anos o IET e as entidades locais galegas co fin de avanzar na elaboración da información territorial e cartográfica e mellorar a xestión da xa existente, un material cada vez máis demandado a nivel municipal.

O obxectivo principal desta iniciativa —impulsada o pasado verán a través da sinatura dun convenio de colaboración entre o IET, a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e os catro concellos mencionados— é acadar a realización de bases topográficas nestes municipios a tres escalas diferentes: 1/5.000, 1/2.000 e 1/1.000.

Cómpre ter en conta que a cartografía existente non está actualizada ou carece de definición e escala suficientes como para obter unha imaxe real dos seus territorios en canto a edificacións, estradas, rede hidrográfica ou equipamentos e dotacións.

A cartografía a 1/5.000 xerarase para todo o concello, mentres que as zonas a cartografar nas outras dúas escalas virán definidas polos propios concellos, tendo en conta que a cartografía a escala 1/1.000 só será posible obtela naqueles concellos que foron sobrevoados para obter ortofotos no marco do PNOA10_Galicia.

Ademais, o material cartográfico resultante será compatible co esixido nas Normas Técnicas de Planeamento e seguirá as especificacións de produto da Base Topográfica Urbana de Galicia e da BTG (Base Topográfica de Galicia), estando orientado o seu uso mediante Sistemas de Información Xeográfica.

O contrato ten un prazo de execución de seis meses durante os que a empresa adxudicataria realizará os traballos necesarios para levar a cabo o cálculo ou revisión da aerotriangulación, o apoio de campo e a obtención de cartografía a escalas 1/5000, 1/2000 e 1/1000 dos termos municipais de Ames, As Pontes, Cee e Coirós, a partir dos fotogramas obtidos durante os voos fotogramétricos realizados en 2019 e 2020.

Cómpre subliñar que as novas tecnoloxías e metodoloxías para producir, distribuír e utilizar a información xeográfica son un constante desafío para as administracións, xa sexan de ámbito nacional, rexional ou local.

Neste último ámbito, precisamente, detectouse a necesidade de contar con produtos que satisfagan as demandas municipais dunha cartografía base sobre a que desenvolver o seu plan, así como pola importancia que teñen para a propia xestión local en cuestións tales como as infraestruturas de datos espaciais, o modelado de vivendas, a realización de plans de emerxencias, ou o deseño de redes de saneamento e abastecemento.

Produtos especializados e custosos
O IET recibe constantemente consultas sobre como aplicar as normas cartográficas emanadas da Comisión para a coordinación da información xeográfica e cartográfica, e que son recollidas nas propias Normas Técnicas de Planeamento como de obrigado cumprimento, ao igual que é consciente da dificultade que ten a Administración Local para poder contar con técnicos especializados neste sentido.

Débese destacar tamén o feito de que as bases topográficas son caras de producir e poder licitar conxuntamente entre varias administracións a súa elaboración, como se fixo neste caso, reduce os custos e axuda a mellorar a calidade dos resultados.

Tras o éxito acadado nos últimos anos coa realización de voos nos concellos seleccionados para obter ortofotografías aéreas de alta resolución no marco do PNOA10_Galicia, o IET decidiu, xunto coa Fegamp, ampliar esta experiencia.

Deste xeito, ademais de darlle continuidade a este proxecto, cunha nova edición de voos en 2021, tamén acordou colaborar coas entidades locais na elaboración de cartografía no marco do Programa de apoio cartográfico a Concellos, unha iniciativa colaborativa e pioneira na que o IET asume a parte técnica, encargándose do control de calidade e da contratación do servizo para a obtención das bases topográficas destes concellos.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas