Os bombeiros dos parques Provinciais de Boiro de Ribeira participan desde preto das 16:00 horas desta tarde nun operativo dirixido á extinción dun lume orixinado nun piso da rúa Costa Grande, no Milladoiro, concello de Ames.
O lume e a concentración de fume provocou que ao redor de 20 veciños e veciñas do edificio precisaran ser desaloxadas mentres que outras 5 foron confinadas para evitar a exposición aos gases provocados polo incendio. A esta mesma hora, o traballo dos bombeiros provinciais consiste en tarefas de ventilación para garantir que estas persoas confinadas poidan abandonar os domicilios con total seguridade.