Home A Coruña A sede do GES de Brión acolle unha exhibición de nova maquinaria...

A sede do GES de Brión acolle unha exhibición de nova maquinaria para facilitarlles o seu traballo

- Anuncio -

Sagar Fijaciones organizou unha mostra de maquinaria Makita para técnicos do GES de Brión, Bombeiros de Boiro e GES de Padrón

A sede do GES de Brión en Lamiño (Pedrouzos) acolleu esta mañá unha exhibición de maquinaria Makita, organizada pola empresa distribuidora Sagar Fijaciones, na que participaron bombeiros e técnicos do GES de Brión, dos Bombeiros de Boiro e do GES de Padrón. “Estamos interesados en que os técnicos do GES e os bombeiros coñezan as novas máquinas con batería que estamos promovendo, eliminando cables e gasolina, aplicando as novas tecnoloxías para ter maiores elementos de seguridade no traballo”, explica Juan José Feás Vázquez, xefe de zona de Makita.

Unha xornada na que os técnicos asistentes coñeceron as distintas referencias que Makita ten a disposición destes profesionais para facilitarlles o seu traballo. Primeiro, nunha charla técnica, e despois sobre o terreo, con exemplos do uso da maquinaria á hora de facer unha excarceración, cortar un elemento (madeira ou ferro) ou forzar unha porta, entre outros. Unha parte práctica na que tamén participou o alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, interesado en coñecer a maquinaria que facilite o traballo tanto dos técnicos do GES de Brión como dos técnicos da brigada de Obras, en especial na sección de parques e xardíns.

“O noso interese hoxe non é vender, é que coñezan o produto e as súas posibilidades”, insiste Juan José Feás, pois “é con estas prácticas onde se ven as necesidades e tamén as vantaxes que ofrece unha ferramenta sobre outra. Por exemplo, estas ferramentas con batería, que substitúen ao cable e á gasolina, producen menos ruídos, menos gases e menos vibracións. E todo iso mellora a seguridade do profesional que ten que empregar esa ferramenta”.

Pola súa banda, os responsables do GES de Brión amosaron o seu interese por algunhas das ferramentas amosadas esta mañá, especialmente as dirixidas a forzar portas xa que son moito máis lixeiras, potentes e, sobre todo, rápidas á hora de actuar cas que actualmente están a disposición dos técnicos brioneses.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas