HomeA CoruñaO PSdeG denuncia o incumprimento do Goberno de Sanmartín coa reapertura do...

O PSdeG denuncia o incumprimento do Goberno de Sanmartín coa reapertura do pavillón de Santa Isabel e esixe solucións inmediatas

- Anuncio -spot_img

Marta Abal critica os anuncios “sen cumprir prazos” e advirte dos prexuízos para clubs e persoas usuarias.

A concelleira socialista reclama explicacións e a reapertura inmediata dun equipamento deportivo clave para Santiago.

A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou o incumprimento do Goberno da señora Sanmartín coa reapertura do pavillón de Santa Isabel, que continúa pechado “máis dun mes despois” do anuncio realizado polo executivo local.
Abal lembrou que a alcaldesa anunciou en febreiro a reapertura da instalación, xerando “expectativas que a día de hoxe non se cumpriron”, mentres o pavillón segue sen data clara de apertura.
A concelleira socialista advertiu de que esta situación está a provocar “importantes prexuízos” tanto para os clubs como para as persoas usuarias, que continúan sufrindo atrasos, cambios e unha “total falta de certezas” á hora de organizar a súa actividade.
Neste sentido, Abal criticou que o Goberno de Sanmartín non pode “limitarse a facer anuncios sen garantir o cumprimento dos prazos” e asegurou que o ocorrido evidencia “unha clara falla de xestión”.
A concelleira subliñou que o pavillón de Santa Isabel é un equipamento “fundamental para a cidade” e advertiu de que a situación actual está a afectar directamente ao tecido deportivo compostelán.
Por iso, reclamou ao executivo local explicacións inmediatas e unha solución urxente: “Santiago precisa feitos, non propaganda”.
Finalmente, Abal insistiu en que os clubs e a cidadanía “merecen certezas” e esixiu a reapertura do pavillón “sen máis demoras”.

Publicacións Relacionadas