Home A Coruña A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de...

A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e defensa contra incendios e anuncia que manterá polo menos dúas rozas anuais

- Anuncio -

A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, realizou un balance das actuacións realizadas no último ano e que supoñen iniciar 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e defensa contra incendios, xa aprobado en xunta de goberno local e a piques de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Ademais, Lueiro aproveitou as últimas semanas do ano para comprobar varias actuacións, entre as que destacou a mellora de pavimentos en 150 puntos de 18 parroquias ao longo de 2024, e comproteu de novo manterse coma a única administración que fai dúas rozas ao ano.

Adicionalmente, con cargo a varias anualidades do Plan de Obras e Servizos ( POS) da Deputación da Coruña, a Concellaría de Medio Rural desenvolveu outras actuacóns coma a pavimentación da rúa das Baleixas (en Marrozos) e a do núcleo de Aradas (na Peregrina). 

Pilar Lueiro destacou que no último trimestre do ano que acaba de rematar, tamén se rematou a actuación de recuperación da ponte da Barcavella en Busto. que contou cun orzamento de 24.461,95 euros. Esta ponte caeu en decembro de 2022 polos temporais, producíndose un gran oco pola zona central da ponte que impedía o paso de vehículos e, ademais, tiña risco de derrubarse. Desde a Concellaría de Medio Rural impulsouse a recuperación con formigón para a obtención dunha estrutura firme e segura para peóns e vehículos. 

Outra das actuacións que destaca Pilar Lueiro foi a ampliación da rede de abastecemento ao lugar do Gaioso (O Eixo), que contou cun orzamento de 46.443,68 euros. Esta obra dá servizo potencial a unhas dezaseis vivendas da parroquia do Eixo, incluída a Escola Unitaria. A obra abastece con auga de concesión municipal á totalidade de infraestruturas do núcleo, xa que conecta cos servizos municipais existentes e percorre unha distancia total de 377 metros.

A concelleira subliña como outro fito do departamento na subministración e instalación de ventás e a porta de entrada no Centro Sociocultural de Verdía, que contou cun orzamento de 9.618,66 euros, atendendo as  demandas veciñais.

Durante o ano 2024, a Rede de Centros Socioculturais do Rural recibiu un total de 46 ordenadores de sobremesa e monitores para reforzar o servizo ofrecido ás persoas usuarias co fin de reducir a fenda dixital e facilitar a aprendizaxe e utilización de internet. Investiuse nesta actuación un total de 42.581 euros.  

Mulleres rurais

No balance de 2024, Pilar Lueiro destaca a celebración do Día das Mulleres Rurais, que organizou o seu departamento en conxunto coa Concellaría de Igualdade, que depende da Alcaldía de Goretti Sanmartín. 

Lueiro destaca a “gran acollida” que tivo o acto, que se celebrou no Centro Sociocultural de Laraño e que acolleu un faladoiro para dar a coñecer de primeira man iniciativas e proxectos de mulleres que viven e traballan no rural. 

Obxectivos

Para este 2025, a concelleira de Medio Rural fixou como obxectivos prioritarios avanzar no cumprimento do Pacto polo Rural, coa mirada posta na mellora da rede de abastecemento e saneamento. Neste sentido, referiuse ao acordo marco asinado coa Xunta (para a construción dun aparcadoiro na contorna do Chus) no que o Concello logrou o compromiso de 3,5 millóns de euros para este fin. 

A modo de conclusión, Lueiro, asegurou que “o traballo no rural é unha carreira de fondo” e que, a pesar de todo o feito en 2024, “aínda queda moito camiño por percorrer”.

Relacionadas

Aviso urxente desfile de Reis Carral

0
Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo...

As obras para ampliar a biblioteca municipal da Sagrada Familia, que permitirán a creación...

0
Para facilitar o desenvolvemento dos traballos e reforzar a seguridade das persoas usuarias durante a actuación, o Concello pechará temporalmente a sala infantil da...

Rosa Mª Suárez e Toña Somoza expoñen conxuntamente na Pobra baixo o título As...

0
A arte volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler coa primeira mostra deste 2025 que, ademais, une o talento de Rosa...

Colisión dun turismo na rúa Estatuto de Galicia, no Concello de Boiro

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro participaron esta tarde nun operativo derivado por unha colisión dun turismo, na rúa...

Previsión cabalgata 2025 Miño

0
Este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos chegan a Miño. Comezarán pola mañá ás 10:30 horas a súa visita polas parroquias do municipio...

Modificacións cabalgata 2025 Camariñas

0
A cabalgata dos Reis Magos deste domingo, 5 de xaneiro, sufriu unhas pequenas modificacións para adaptarse ao mal tempo previsto. As recepcións reais na maior...

Publicacións Relacionadas