HomeA CoruñaGonzalo Muíños urxe actuacións de reparación do firme da N-634 a Lavacolla

Gonzalo Muíños urxe actuacións de reparación do firme da N-634 a Lavacolla

- Anuncio -spot_img

 Sinala que nos últimos meses o asfalto tense deteriorado gravemente con numerosas fochancas e afundimentos “que non farán máis que empeorar nas vindeiras semanas froito das precipitacións”

 Reclama un rebacheo urxente coa vista posta en executar un asfaltado “cando menos, dos tramos cun deterioro máis avanzado”

Gonzalo Muíños insta ao goberno local a acometer actuacións urxentes de reparación do firme da Nacional 634, a estrada de Lavacolla, ante o avanzado estado de deterioro da calzada. Segundo o concelleiro non adscrito, nos últimos meses tense deteriorado gravemente presentando “numerosas fochancas e afundimentos que non farán máis que empeorar nas vindeiras semanas froito das precipitacións”.

Muíños pide que se acometa un rebacheo urxente coa vista posta en poder executar un asfaltado, “cando menos, dos tramos cun deterioro máis avanzado”. Recalca que a situación afecta á seguridade viaria pero tamén “xera risco para os vehículos e dificulta a prestación do servizo de transporte público, acelerando incluso o desgaste dos coches e autobuses que transitan por esta estrada”.

A N-634 é un dos principais acceso a Santiago de Compostela, así como un punto clave para a mobilidade de residentes, traballadores, turistas e peregrinos. De feito, por este tramo discorren varias liñas de transporte urbano, entre elas a liña 6 e a 6A, que conectan o centro da cidade co aeroporto e diversos núcleos rurais.

Publicacións Relacionadas