HomeA CoruñaO Grupo Municipal Socialista denuncia o abandono do CPEE A Barcia e...

O Grupo Municipal Socialista denuncia o abandono do CPEE A Barcia e esixe solucións urxentes para garantizar os dereitos do alumnado máis vulnerable

- Anuncio -spot_img

A concelleira socialista, Marta Abal, pon de manifesto a situación límite que sofre o colexio de educación especial, marcada pola falta de accesibilidade, pola inseguridade nos accesos e pola ausencia de recursos e servizos adaptados.

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presenta unha proposición ao Pleno municipal para denunciar a situación inaceptable que vive o Colexio Público de Educación Especial A Barcia e reclamar actuacións urxentes e coordinadas por parte do Concello de Goretti Sanmartín e da Xunta de Rueda.

“Falamos de graves deficiencias de accesibilidade, de seguridade nos accesos e dun contorno urbano que non está adaptado ás necesidades do alumnado con mobilidade reducida”, declara a concelleira socialista Marta Abal.

Abal considera que esta situación é inxusta e intolerable, e reclaman unha coordinación inmediata e eficaz entre administracións para dar unha solución integral aos problemas do centro.

“As familias levan anos reclamando solucións e non poden seguir agardando. É imprescindible que Concello de Santiago e Xunta de Galicia actúen de maneira coordinada e urxente, cada un no ámbito das súas competencias”, afirma Marta Abal.

Segundo trasladou a comunidade educativa, as familias e a dirección do centro, os accesos levan anos sen reunir as condicións necesarias para garantir a seguridade do alumnado, especialmente daqueles nenos e nenas con mobilidade reducida, e o viario municipal e as prazas de estacionamento resultan claramente insuficientes.

En palabras da concelleira socialista: ”estamos a falar de garantir condicións dignas, seguras e accesibles para nenos e nenas que merecen toda a protección das administracións públicas”.

Publicacións Relacionadas