HomeA CoruñaScape Room "Ritmos de Ortigueira" 

Scape Room “Ritmos de Ortigueira” 

- Anuncio -spot_img

Hoxe, 11 de outubro, levou a cabo a actividade “Ritmos de Ortigueira”, dentro do proxecto XoGal. Un scape room gratuíto, ao aire libre, para todas as idades e que contou cunha gran participación e acollida por parte dos veciños e veciñas da localidade. As persoas participantes puideron descubrir Ortigueira a través do son, a emoción e o orgullo dun municipio que fixo da cultura folk un símbolo universal. Á entrega de premios da actividade, que tivo lugar nos xardíns e claustro, acudiu o alcalde, Valentín Calvín. O proxecto XoGal está impulsado polos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22, en colaboración coa empresa galega Skeirrum para dinamizar o rural galego mediante a promoción cultural e turística baseada na gamificación.

Publicacións Relacionadas