Segunda parada anticipada dos Reis Magos: San Sadurniño

adminON
Lectura mínima de 0

Os Reis xa pasaron por San Sadurniño. Trouxeron lambetadas e atenderon a todas as nenas e nenos no ximnasio do CPI. Mesmo lle deixaron á rapazada, xa hoxe, un fantástico agasallo no colexio (ensinámosvolo mañá).
Durante a tarde tivemos obradoiros e xogos musicais con LaGuaGua, ademais dun tobogán inchable e unha cama elástica. Tamén comemos roscón con chocolate moi rico e quentiño.

Comparte este artigo