HomeA CoruñaSeis adestradores e unha adestradora optan ao galardón “Arsenio Iglesias”, outra das...

Seis adestradores e unha adestradora optan ao galardón “Arsenio Iglesias”, outra das categorías dos I Premios do Deporte Concello de Carballo

- Anuncio -spot_img

Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 7 para a categoría Arsenio Iglesias, coa que se distinguirá ao mellor adestrador ou a mellor adestradora da tempada.

As persoas propostas polo movemento deportivo carballés son Pastor Antonio Carracedo Muiño, do Club Taekwondo ITF Carballo; Arturo Ferraces Martínez, da Escola Basket Xiria; Héctor García Soto, da Agrupación Deportiva Fogar; Carla Jove Filgueiras, do Club Rítmica Carballo; Jorge Lamas López, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe; Diego López Rey, de SYSCA, e Sergio Quintela Díaz, da FESSGA (Federación Galega de Salvamento e Socorrismo).

O premio será entregados na gala que se celebrará o venres 19 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.

Publicacións Relacionadas