HomeA CoruñaSeiscentas mulleres carballesas están convocadas para o cribado do programa galego de...

Seiscentas mulleres carballesas están convocadas para o cribado do programa galego de detección precoz do cancro de mama que se realizará do 3 ao 19 de novembro

- Anuncio -spot_img

Seiscentas mulleres do noso concello están convocadas para o próximo cribado do programa galego de detección precoz do cancro de mama, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). As probas realizaranse na Coruña entre o 3 e o 19 de novembro, e, como é habitual, haberá autobuses de balde para facilitar os desprazamentos ás interesadas.
Os vehículos farán dúas rutas, unha para as mulleres citadas entre as 09.00 e as 09.45 horas e outro para as convocadas de 12.30 a 13.00 horas. Estes son os lugares e os horarios das saídas:

  • Capela da Milagrosa: 08.00 e 11.15 h
  • Diante da estación de autobuses: 08.05 e 11.20 h
  • Rúa Perú (parada Rego da Balsa): 08.07 e 11.22 h
  • Rúa Vázquez de Parga, 120: 08.10 e 11.25 h
  • Diante da igrexa de Bértoa: 08.15 e 11.30 h
    O día da cita, para poder facerlle a mamografía é imprescindible presentar o DNI. Tamén se recomenda levar roupa cómoda e que non se bote talco nin crema nas mamas. Se algunha persoa non pode acudir no día ou hora prevista, pode cambiar a cita a través da APP Sergas Móbil ou poñéndose en contacto co Programa.
    Segundo indica o Sergas, se o resultado da mamografía está dentro da normalidade, recibirá unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándolle deste resultado. Tamén poderá obter o resultado no seu centro de saúde a través do profesional de Atención Primaria, pasado un mes desde a realización da proba. Se tras a realización da mamografía é necesario ampliar o estudo para chegar a un resultado definitivo, recibirá unha carta cunha cita para acudir ao seu hospital de referencia.

Publicacións Relacionadas