Únete á Semana da Saúde e do Deporte no CPI Castro Baxoi!
Do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro
CPI Castro Baxoi
Esta iniciativa ten un obxectivo moi especial: “Coidarnos XUNTOS”. Por iso, preparamos formación en primeiros auxilios adaptada a todas as idades, impartida pola empresa especializada TESFORM, para que aprendas cos mellores profesionais.
Contidos principais:
– Saúde e deporte
– Como pedir axuda
– Prevención de atrancamentos
– RCP (Reanimación Cardiopulmonar)
Ademais, celebrarán a III Milla pola Paz, unha actividade simbólica que une deporte, solidariedade e comunidade.
Organiza: Colexio Público Integrado Castro Baxoi
Formación a cargo de: TESFORM
Coa colaboración da ANPA Castro Baxoi, Concello de Miño e subvencionado pola Deputación da Coruña.



