HomeA CoruñaSemana da Saúde e do Deporte

Semana da Saúde e do Deporte

- Anuncio -spot_img

O CPI Castro Baxoi celebra, desde o 23 de xaneiro ata o 6 de febreiro, a Semana da Saúde e do Deporte.

Esta iniciativa ten un obxectivo moi especial: “Coidarnos XUNTOS”. Por iso, desde o centro prepararon formación en primeiros auxilios adaptada a todas as idades, impartida pola empresa especializada TESFORM.

Os contidos principais desta iniciativa son: saúde e deporte, aprender cómo pedir axuda, prevención de atrancamentos e facer unha RCP (reanimación cardiopulmonar)

Ademais, o 9 de febreiro celebrarase III Milla pola Paz, unha actividade simbólica que une deporte, solidariedade e comunidade.

Adxuntamos fotografía dunha das clases de primeiros auxilios que se está a levar a cabo.

Publicacións Relacionadas