HomeA CoruñaSen solución desde novembro: o cableado de Pravio segue en risco

Sen solución desde novembro: o cableado de Pravio segue en risco

- Anuncio -spot_img

Alternativa volve trasladar ao goberno municipal a demanda veciñal sobre o estado do cableado eléctrico na zona de Carballás, en Pravio, tras non terse adoptado medidas desde a primeira queixa presentada no pasado mes de novembro.

A veciñanza xa advertira da presenza de cableado desprendido, situación empeorada pola necesidade de desbroce do terreo colindante e, no mesmo punto os restos dunha construcción con perigo de desprendemento sobre a vía pública.
O grupo insiste na necesidade de realizar unha revisión xeral das instalacións, xa que non se trata dun caso illado, senón dunha problemática que se repite noutros puntos do municipio.
Alternativa dos Veciños destaca a importancia da colaboración veciñal para a detectar este tipo de incidencias e animan á cidadanía a dar comunicar este tipo de incidencias para poder trasladalas ao goberno municipal.

Publicacións Relacionadas