O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na mañá deste 19 de decembro, a partir das 11.00 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación, á cal non puideron asistir o concelleiro Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra) e a concelleira Rosana Pérez Fernández (BNG). A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Aprobación da conta xeral correspondente ó exercicio 2023. Denegada ao contar con 5 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.