Free Porn
xbporn
Home A Coruña Sindo Guinarte interpela ao goberno local pola regularización da cesión de espazos...

Sindo Guinarte interpela ao goberno local pola regularización da cesión de espazos do Pazo de Raxoi á Xunta

- Anuncio -

Lembra que os acordos polos que se cedeu parte do edificio á administración autonómica exceden os 40 anos e reclámalle a Sanmartín que aborde esta cuestión na vindeira reunión co presidente Rueda

Guinarte insiste en que esta sería unha oportunidade para negociar a apertura ao público de zonas que “apenas son utilizadas polo goberno galego”, necesario para xustificar os fondos europeos que financian a rehabilitación do Pazo

O acordo de cesión dos espazos do Pazo de Raxoi á Xunta de Galicia exceden xa os 40 anos e están “en precario”. É o que alerta o Grupo Socialista que interpelará no vindeiro pleno ao executivo de Sanmartín por esta cuestión, instando á alcaldesa a abordar este tema na reunión que manterá co presidente Rueda nas vindeiras semanas.

A cesión de usos por parte do Concello de Santiago á presidencia da Xunta de Galicia está regulada inicialmente por un acordo plenario de 1978 ao que lle sucederon outros tres acordos plenarios en xaneiro de 1982, novembro de ese mesmo ano e en febreiro de 1983. Agora, pasados máis de 40 anos de vixencia de este acordo, defende o socialista que conviría redactar e aprobar un novo acordo de cesión de espazos.

Sindo Guinarte, defende a necesidade de “regularizar” a situación da cesión de espazos, máis aínda, “de cara a poñer en valor o edificio e abrir ao público espazos que hoxe non se poden visitar e apenas son utilizados pola administración autonómica”. E é que, segundo lembra o edil socialista, os tres millóns de euros que o Concello recibe dos fondos Next Generation a través do Ministerio de Turismo para a mellora do edificio, ligan a axuda á apertura do Pazo a visitas de turistas e cidadanía en xeral.

Entre as actuacións previstas en este programa de rehabilitación que conta con fondos europeos están a reforma da segunda e terceira planta, con melloras na accesibilidade e a instalación de un ascensor que unirá os sótanos co edificio principal, así como a restauración da capela que se atopa no interior de Raxoi.

“É necesario abrir ao público Raxoi para xustificar a inversión do goberno de España neste edificio singular da nosa cidade” explica Guinarte, que preguntará no pleno da Corporación da vindeira semana por esta cuestión ao goberno local.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas