Horario Adaptado
Bibliotecas de Carballo
Se che gustan os xogos de mesa, queres compartir momentos divertidos con rapazada da túa idade e aparcar o teléfono móbil durante un anaco, anótate ás Tardes de xogos de mesa.
A actividade está dirixida a mozas e mozos de 14 a 17 anos e realizarase 2 tardes ao mes, en dúas localizacións:
Luns: Biblioteca Agra de Campos
Xoves: Biblioteca Rego da Balsa
Preinscrición
Elixe data e cubre o formulario de preinscrición que atoparás máis abaixo e poñerémonos en contacto contigo.
Público destinatario
14–17 anos
Periodicidade
2 sesións ao mes (luns e/ou xoves, segundo programación)
Lugar
Biblioteca Agra de Campos / Biblioteca Rego da Balsa



