Os veciños e veciñas da rúa da Bouza, en Dorneda, soportaron unha esperpéntica situación durante meses, cos postes caídos sobre as súas propiedades e os cables á altura das súas cabezas. Agora que a Fiscalía admitiu a trámite a denuncia realizada por parte do Concello, Telefónica contactou coas persoas afectadas para solicitar acceso á súas propiedades e retirar os cables.
É indignante que unha empresa privada teña tal poder no Estado español como para ameazar durante meses a seguridade da cidadanía. As leis do Estado, feitas a medida e aprobadas por deputados e ministros que unha vez deixan a política acaban en consellos de administración deste tipo de compañías, permiten este tipo de actuacións irresponsables e asoballantes.