Home A Coruña Termina a primeira fase das obras para erradicar o parasito do caruncho...

Termina a primeira fase das obras para erradicar o parasito do caruncho do CEIP José María Lage

- Anuncio -

• O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Educación, Ana Cartelle, visitaron recentemente o centro para comprobar o grao de avance dos traballos.

• O rexedor agradeceu á Consellería de Educación o seu apoio nesta “intervención máis que necesaria” que “a comunidade educativa de Ortigueira leva anos demandando.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Educación, Ana Cartelle, visitaron recentemente o CEIP José María Lage para comprobar o grao de avance das obras para erradicar o parasito do caruncho, que leva anos afectando o centro.
Alí puideron comprobar como se finalizou a primeira fase dos traballos, que consistiu, esencialmente, na rehabilitación das aulas da segunda planta afectadas por este insecto. Deste xeito, retiráronse os elementos de madeira que dividían as diferentes clases por outros de aluminio, onde a Scleroderma domestica non poderá medrar.
Os traballos seguen desenvolvéndose a bo ritmo de fronte ao comezo do curso escolar, co único obxectivo de garantir a saúde e a seguridade do alumnado do colexio.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, agradece “á Consellería de Educación o seu compromiso con Ortigueira e a súa axuda para poñer fin a un problema de saúde que leva anos afectando o centro”.
Calvín lembra que “ao pouco tempo de chegar á alcaldía, puxémonos ao choio con este tema, pois é inaceptable que a situación se haxa prolongado tanto tempo #ante a inacción do goberno municipal previo”. “Aproveitando a ponte do Pilar, contratouse de urxencia a unha empresa especializada para fumigar o centro, o que logrou reducir considerablemente o número de insectos, aínda que non acabar con eles”.
Por último, Calvín asegura que “esta intervención máis que necesaria é a solución que toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familiares levaban anos demandando”.

Relacionadas

O BNG anima a consumir no comercio local e promociona os produtos galegos

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anima a consumir no comercio de proximidade, lanzando unha nova campaña baixo o lema “Mellor local, mellor galego”. Nesta...

Abre a tránsito peonil a meirande parte de San Andrés tras completar o Concello...

0
A alcaldesa, Inés Rey, comprobou hoxe o avance dos traballos, que culminaron esta semana coa instalación dos semáforos, marquesiñas e novo mobiliario e zonas...

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira interpretará a “Canción de Nadal” inspirada no...

0
Hoxe tivo lugar a presentación desta iniciativa do Grupo Municipal de Teatro que o seu director, Óscar Romero leva tempo pensando en levala á...

Pol Guasch e Mario Regueira protagonizan a derradeira sesión de Poetas Di(n)versos do ano

0
O evento organizado e conducido por Yolanda Castaño celebrarase este luns 23 ás 20.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora O ciclo de poesía...

Bergondo tarde e mal iluminado polo Nadal

0
O Partido Popular dirixido por Manuel Fafián lamenta un ano máis que o Concello de Bergondo teña unha iluminación do Nadal moi pobre debido...

Incendio dun vehículo no Concello da Laracha

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron sufocar o incendio dun vehículo na estrada que vai de Lemaio ao Polígono Industrial no Concello...

Publicacións Relacionadas