Home A Coruña Vimianzo e Camariñas xa son oficialmente vilas irmandadas coa suíza Delémont

Vimianzo e Camariñas xa son oficialmente vilas irmandadas coa suíza Delémont

- Anuncio -

• Ambas alcaldesas visitaron a localidade, na que se reuniron co seu homólogo, Damien Chappuis.

• Ata Suíza se desprazaron tamén o tenente de alcaldesa de Vimianzo, Víctor Muíño, e a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, Begoña Tajes.

O Concello de Vimianzo e o Concello de Camariñas xa son oficialmente vilas irmandadas coa suiza Delémont, capital do cantón de Jura. Ambas alcaldesas visitaron a localidade, e esta mesma tarde se reuniron co seu homólogo, Damiel Chappuis. Ata Suíza se desprazaron tamén o tenente de alcaldesa do Concello de Vimianzo, Víctor Muíño, e a concelleira de

Servizos Sociais do Concello de Camariñas, Begoña Tajes.
Nesta zona, precisamente, residen centenares de persoas con pasado na Costa da Morte, feito que propiciou que estas tres localidades queden vencelladas desde hoxe e para sempre.

“Os vínculos con Camariñas e Vimianzo son sobre todo humanos! Dende 1960 os galegos abandonaron por causas económicas a súa terra natal para aterrar no Jura, e na actualidade preto de 350 veciñas e veciñas da serra son galegos, a maioría vencellados e vencelladas directamente con Camariñas e Vimianzo”, proclamaba Chappuis.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, remarcou que “é un auténtico orgullo, e máis logo de pasar todo o que pasamos, tender pontes cunha sociedade tan similar á nosa e con tanta influencia galega”, sinalaba, á vez que aludía a que “un dos nosos obxectivos prioritarios á hora de facer política ten que ser a de unir, a de fomentar a convivencia e de facer fogar aló por onde imos”.

Sandra Insua, pola súa banda, subliñou a “relevancia deste acontecemento”, á vez que sinalou que “desde Camariñas, Vimianzo e toda a Costa da Morte a nosa porta estará sempre aberta de cara o futuro, máis esperanzador hoxe ca nunca”.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas