Home A Coruña A Xunta inicia as obras de mellora de firma en dous tramos...

A Xunta inicia as obras de mellora de firma en dous tramos antigos da estrada AC-432 no concello de Vimianzo cun investimento de case 46.000€

- Anuncio -

― O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o inicio das obras que se realizaran nos puntos quilométricos 2+000 (Calo-Bribes) e 7+000 (Tras do Cean)

― Os traballos incluirán a limpeza de cunetas e a rehabilitación do firme e, tras a execución das obras, estes treitos serán obxecto dun cambio de titularidade a prol do concello de Vimianzo, ao non ter xa funcionalidade na rede autonómica de estradas

― Trenor destaca que esta actuación se inclúe nos traballos de conservación e mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou esta mañá o inicio das obras de reforzo de firme nos antigos tramos da estrada AC-432 nos puntos quilométricos 2+000 (Calo-Bribes) e 7+000 (Tras do Cean) en Vimianzo. As actuacións previstas foron adxudicadas á empresa Vázquez e Reino e contan cun orzamento de case 46.000 euros.

Os traballos consistirán na rehabilitación do firme destes dous treitos nos que se realizará a limpeza das marxes da calzada e a reapertura de gabias de drenaxe lonxitudinal. Posteriormente colocarase unha capa de mestura bituminosa en quente para regularización nas zonas que o precisen, cun espesor medio de 3 cm para proceder a continuación á extensión dunha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor sobre a totalidade do firme existente

Tras a execución das obras estes treitos serán obxecto dun expediente de cambio de titularidade en favor do concello de Vimianzo, ao non ter xa funcionalidade na rede autonómica de estradas.

Trenor destacou que esta actuación se inclúe nos traballos de conservación e de mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas