Home A Coruña Xunta e concello amplían a tres aulas e 41 prazas a Escola...

Xunta e concello amplían a tres aulas e 41 prazas a Escola Infantil Pública de Zas

- Anuncio -

— Esta actuación incrementa en 11 o número de prazas de 0 a 3 anos dispoñibles no centro, que pasa de dúas a tres unidades

— As obras supuxeron un investimento de case 110.000 euros por parte do Concello, que poderá contar con financiamento da Administración autonómica a través da nova orde de axudas para a creación de escolas infantís de titularidade municipal

— O Goberno galego asumiu os custes de equipamento e do persoal necesario

A Xunta de Galicia puxo este curso en funcionamento unha nova aula na escola infantil de Zas, coa que pasa a contar con tres unidades e incrementa o número de prazas de 0 a 3 anos dispoñibles das 30 ás 41 actuais. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde zaseiro, Manuel Muíño, visitou hoxe o centro, que pertence á rede pública autonómica.

Perfecto Rodríguez explicou que con esta actuación “aténdese mellor ás necesidades das familias de Zas que manifestan curso tras curso a súa confianza no proxecto educativo e nos profesionais desta escola”, que nestes momentos conta con 34 alumnos matriculados. Ademais, recordou que nesta escola os pais teñen a atención educativa de balde para os seus fillos, o que lles supón un aforro medio de ata 2000 euros ao ano por neno. Arredor de 31.000 pequenos de 0 a 3 anos benefícianse a partir deste curso desta medida, dirixida ao 100% do alumnado de todas as escolas infantís de Galicia.

As obras de ampliación do centro supuxo un investimento de case 110.000 euros por parte da Administración municipal, que tamén se encargou da súa execución. O Concello poderá contar coa colaboración económica da Xunta a través da nova orde de axudas para a creación de prazas en escolas infantís de titularidade municipal, financiada con fondos da Unión Europea-Next Generation EU. Pola súa parte, o Executivo autonómico asumiu os custes do equipamento, que incluíu unha nova cociña, e da adquisición de novo material didáctico, os cales ascenderon a 25.500 euros. Tamén encargouse do incremento do persoal necesario.

Melloras no inmoble
Os traballos consistiron na adecuación da planta primeira do inmoble para dar cabida á nova aula xa en funcionamento. Así mesmo, a intervención supuxo diversas reformas na escola infantil para dotala de maior funcionalidade, entre as que se atopan: a instalación dun ascensor; a modificación da distribución da planta baixa; a creación dunha zona de espera para as familias; o aumento da superficie da cociña para dar servizo a máis nenos; e a construción dun aseo adaptado, de vestiarios, dunha sala de lavandería e doutra de descanso para o persoal.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas