Home A Coruña A Xunta apoia en Zas a economía circular vinculada á produción do...

A Xunta apoia en Zas a economía circular vinculada á produción do liño

- Anuncio -

— O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta tarde nunhas xornadas impulsadas polo Concello de Zas e pola Asociación Amigos do Liño

— Na programación incluíronse conferencias, demostracións sobre a elaboración do fío de liño, un desfile e a actuación de Antía Muíño

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta tarde na Xornada sobre o liño – Economía circular, impulsada polo Concello de Zas e pola Asociación Amigos do Liño. A programación baseouse nunha serie de conferencias sobre o liño como material tradicional en Galicia, a artesanía téxtil vinculada ao liño e o seu papel no contexto contemporáneo dentro da economía circular.

Rosa María Sánchez Martínez falou sobre Liño: artesanía, identidade e economía circular, Jorge Mira Pérez sobre O futuro na volta ás orixes, Ricardo García Mira –experto en psicoloxía social– sobre O liño na Costa da Morte como elemento de cohesión social e cultural. A Asociación Amigos do Liño encargouse do desfile de pezas de roupa elaboradas en liño de xeito artesanal, a continuación das conferencias, e o acto pechouse cun breve concerto musical a cargo de Antía Muíño, unha degustación de produtos e un sorteo entre os asistentes.

Coa súa colaboración neste evento, a Xunta busca poñer en valor un material tradicionalmente vinculado ao téxtil en Galicia e apoiar a súa recuperación e a súa incorporación como produto local de alta calidade na moda contemporánea, destacando especialmente o seu papel na economía circular.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas