HomeA CoruñaTestosterona de Malasombra produccións, o sábado 5 de abril no García Márquez

Testosterona de Malasombra produccións, o sábado 5 de abril no García Márquez

- Anuncio -spot_img

O sábado 5 de abril ás 20:30 horas o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá a obra teatral Testosterona da compañía Malasombra Produccións, dirixida por Xoque Carbajal. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Unha comedia protagonizada por Camila Bosa e Luis Iglesia que fala da desigualdade laboral: un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que?

Con Testosterona, a autora mexicana Sabina Bernan propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo.


Autoría: Sabina Berman
Dirección: Xoque Carbajal
Elenco: Camila Bosa e Luis Iglesia
Xénero: comedia
Duración: 75 min
Público: adulto (a partir de 12 anos)
Prezo: 4 euros

Publicacións Relacionadas