Alternativa trouxo de novo o lamentable estado das Torres de Cela, demandando información sobre as actuacións previstas para a súa conservación.
Dende o goberno municipal contestaron que a pesar de ter solicitado diferentes subvencións doutras administracións, ningunha permitiu a materialización dunha intervención integral.
Alternativa considera que este é un claro exemplo da situación xeral coas infraestruturas municipais, co agravante de que se trata dun dos principais elementos do patrimonio cultural de Culleredo. E confirma que seguirá de preto os traballos de búsqueda de financiamento que se están a estudar dende o Concello.



