O Concello de Ribeira está desenvolvendo tarefas de mantemento, mellora e arranxo das lousas e pedras nas zonas peonís do municipio.
O concelleiro de obras, Xabier Vidal, salientou que “aparte de estar co pintado das estradas, mentres o tempo o permita, tamén estamos a reparar as estradas peonís que precisan un mantemento das lousas de granito”.
Por outra banda indicou as localizacións onde se está a traballar “comezamos reparando as lousas en Rosalía de Castro; ao carón do concello, na rúa de Lugo e seguiremos polo Malecón, rúa Manzanares, Carreira, Monte Vixán, na rúa Doutor Torres en Palmeira e na rúa Romero Ortiz que conta cunha partida específica ca entrada en vigor dos orzamentos para retirar as pedras e facer os cortes de cemento moldeado”.
Fontes municipais indicaron que con estas actuacións preténdese mellorar os espazos públicos e atender as prioridades que demanda a poboación de Ribeira.