Home A Coruña Tras a apertura do campo principal, o anexo das Eiroas estará operativo...

Tras a apertura do campo principal, o anexo das Eiroas estará operativo de novo a partir de mañá xoves

- Anuncio -

Continúan as obras de construción do terceiro campo do complexo municipal, que se destinará á práctica de fútbol 8


O campo de fútbol anexo das Eiroas estará operativo de novo a partir de mañá xoves, 29 de agosto, tras as obras de instalación do novo céspede artificial. Deste xeito, os dous campos de fútbol do complexo deportivo municipal estarán xa a pleno rendemento.

O pasado día 12 retomouse a actividade tamén no campo principal, tras as obras de substitución do céspede, que sufría un gran desgaste debido ao gran uso que ten, e porque ademais, segundo as bases reguladoras de normas de competición da Segunda RFEF, na que xogará o Bergantiños a próxima tempada, os partidos deben disputarse “nun terreo de xogo de herba natural ou artificial de última xeración, cunha antigüidade máxima de oito anos”, que son os que tiña o céspede das Eiroas.

Dentro do mesmo proxecto, que executa a empresa Vázquez y Reino cun orzamento próximo aos 800.000 euros, figura tamén a construción dun terceiro campo de céspede artificial, que pretende satisfacer a elevada demanda existente. As obras permitirán habilitar un novo campo de fútbol 8, que quedará unido aos existentes para poder aproveitar os edificios e servizos cos que conta o complexo.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, realizaron unha visita ás obras do terceiro campo e puideron comprobar tamén o resultado da actuación realizada no anexo.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas