Home A Coruña Trenor comprobou as actuacións do Fondo de Compensación ambiental de Vimianzo e...

Trenor comprobou as actuacións do Fondo de Compensación ambiental de Vimianzo e Dumbría que supuxeron un investimento de case 279.000€

- Anuncio -

― A achega do Goberno galego permitiu a adquisición dunha pick-up en Vimianzo e a mellora de rede de abastacemento en tres parroquias de Buxantes en Dumbría

― O representante do Goberno galego lembrou que no ano 2023 os concellos beneficiaranse de máis de 11M€ do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta a prol da protección do medio natural

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o concello de Vimianzo para supervisar as actuacións levadas a cabo nos concellos de Dumbría e Vimianzo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2022. Concretamente, no caso de Vimianzo adquiriuse un vehículo tipo pick-up, cunha plataforma para os traballos de difícil acceso, que contou cunha aportación da Xunta de máis de 131.000 euros.

No Concello de Dumbría estes fondos permitiron levar a cabo a ampliación e mellora da rede de abastecemento en A Casanova, Martín e Anseán en Buxantes, grazas a un importe concedido de máis de 147.000 euros. Con esta actuación substituíronse as traídas veciñais e os pozos particulares, que carecían na maior parte dos casos de control sanitario e das tarefas de mantemento e control e limpeza que precisan este tipo de redes.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
A Xunta apoia a través deste fondo ás entidades locais na conservación da biodiversidade e na protección do medio ambiente e do espazo natural, así como na mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables.

O delegado da Xunta incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza. Nesta liña, sinalou que este apoio é fundamental sobre todo nos concellos máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario lles resultaría máis complicado ou non serían posibles.


Nova convocatoria 2023
O representante do Goberno galego lembrou que no 2023 esta liña de axudas está dotada con 11,3M€ a prol da protección do medio natural . O Fondo de Compensación Ambiental suma desde a súa posta en marcha, en 2010, un investimento superior aos 116M€ que os concellos destinan a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural mediante a execución de infraestruturas, a contratación de persoal e a adquisición de equipamento.dumbrAs melloras de eficiencia enerxética e a instalación de enerxías renovables son unhas das accións máis impulsadas ao abeiro desta liña de axudas, ademais da adquisición de vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco, redes de abastecemento e saneamento e a utilización recreativa ou didáctica dos recursos naturais ou o desenvolvemento de campañas divulgativas de concienciación ambiental. Só nos últimos cinco anos, na provincia da Coruña investíronse máis de 14M€ para impulsar 335 proxectos destinados á protección do medio ambiente e do espazo natural.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas