Home A Coruña Trenor e o alcalde de Touro analizan a proposta da nova parcelaria...

Trenor e o alcalde de Touro analizan a proposta da nova parcelaria en Fao-Novefontes que reorganizará 8.589 parcelas para optimizar o uso desta zona agrícola

- Anuncio -
  • Esta reestruturación agraria ten un ámbito de actuación de 725 hectáreas que son propiedade de case 681 veciños
  • Trenor sinalou que a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental na reorganización do territorio

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde de Touro, Ignacio Codesido, para analizar a proposta  de reestruturación parcelaria que se levará, o próximo 27 de xullo, ao Comité Técnico Asesor, que preside o propio delegado, no que, ademais, participan todos os órganos que puideran ter algunha alegación á realización da reestruturación agraria que se propón para este concello.

Trenor explicou que nestes momentos está próximo ao seu remate o Estudio Previo de Iniciación para levalo á reunión, que terá lugar a vindeira semana, para a súa aprobación. O delegado da Xunta destacou que esta nova zona de concentración parcelaria, que se propón para Touro, levarase a cabo na zona de Fao-Novefontes, sobre unha superficie de 725 hectáreas, afectará a 8.589 parcelas e a 681 propietarios.

Neste senso, Trenor sinalou que “a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental na reorganización do territorio”.

Ademais, o representante do Goberno galego indicou que se seguirán impulsando este tipo de procesos á vez que se aposta por outros instrumentos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras. Así, tal e como recolle a Lei de  recuperación da terra agraria de Galicia, fomentaranse os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, as aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outros

Provincia da Coruña

Trenor lembrou que, na provincia da Coruña, están previstas seis novas parcelarias que suporán a reorganización de case 7.000 hectáreas de superficie, distribuídas en máis de 40.600 parcelas propiedade de case 4.500 veciños. En concreto, e en función dos resultados dos estudos previos, decretaríanse nos concellos de Boqueixón (zona de Lamas, Loureda, Sergude, Vigo), Melide (zona de Baltar, Golán, Grobas), Padrón-Pontecesures (zona de Herbón), Santa Comba (zona de Freixeiro), Tordoia (zona de Castenda), Touro (zona de Fao-Novefontes). 

Así mesmo, cómpre matizar que a Consellería do Medio Rural está estudando outro cento de solicitudes para novas parcelarias, tendo en conta o peso do sector agropecuario da zona, se as explotacións mostran interese nesa reestruturación do territorio e a viabilidade do propio proceso en termos medioambientais, entre outras cuestións a ter en conta.

Doutra banda, a Xunta está traballando arreo para finalizar os 91 procesos de concentración parcelaria que están abertos a día de hoxe na nosa comunidade. Neste senso, cómpre destacar que en 55 deles, é dicir no 60%, os veciños xa están usando as novas parcelas resultantes. Para iso, o Goberno galego destina un orzamento de 12 millóns de euros en 2022, cifra que alcanza os 118 millóns de euros desde o ano 2009.

Balance zonas rematadas

Entre o ano 2020 e o que vai de 2022, a Xunta rematou un total de 22 concentracións parcelarias, que abarcaron unha superficie total de case 16.000 hectáreas, beneficiando a máis de 10.100 propietarios que recibiron arredor de 23.300 títulos de propiedade.

Así mesmo, ao longo deste ano a Xunta ten previsto dar por rematados outros seis procesos de reestruturación  e concretamente, 3 na provincia da Coruña

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas