Home A Coruña Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca do Bar anza a...

Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca do Bar anza a 75 autónomos con axudas de máis de 186.000€

- Anuncio -

― O delegado da Xunta destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses

― A convocatoria deste ano ábrese hoxe mesmo cun orzamento de 5,5 millóns de euros, um 10% máis ca no ano anterior

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, nunha visita ao establecemento de fotografía Contraluz Estudio Fotográfico de Maria Fariña, da resolución do ano pasado do Bono Autónomo na área do Barbanza. Concretamente, nesta comarca recibiron estas axudas no 2020, 75 persoas e as achegas totais foron de máis de 186.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Serra de Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

Trenor destacou en relación coa convocatoria de axudas do Bono Autónomo, que “son partidas de ata 3000 euros para apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividadeempresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses”.
A actuación contou con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiouse, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se aprobaron axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.

Financiáronse, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio.

O delegado da Xunta tamén informou que hoxe mesmo se abre a convocatoria do Bono Autónomo deste ano e que contará con 5,5 millóns de euros, un 10% máis ca no anterior convocatoria, para apoiar na súa consolidación os emprendedores que leven máis de 42 meses de traxectoria. Esta orde volve a contar coas dúas liñas de axuda, unha para a mellora da competitividade a través de diferentes servizos e outra para investimentos, con apoios do 80% do proxecto a desenvolver e unha axuda máxima de 3000 euros por beneficiario.

BONO AUTÓNOMO CONVOCATORIA 2020

CONCELLONº CONC.IMP. CONCESIÓNS
BOIRO411.694,54 €
CARNOTA25.853,04 €
LOUSAME34.140,96 €
MAZARICOS718.655,48 €
MUROS613.305,82 €
NOIA1124.890,00 €
OUTES1232.336,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A)35.901,48 €
PORTO DO SON49.381,18 €
RIANXO1436.410,87 €
RIBEIRA923.914,81 €
TOTAL75186.484,18 €

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas