Home A Coruña Trenor informou que na comaraca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo...

Trenor informou que na comaraca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo 42 cursos de AFD para formar a 630 alumnos cun investimento de máis de 1,7M€

- Anuncio -

— O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando en Cogami que este ano contou coa adxudicación dun curso cun investimento de máis de 35.400€

— Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro

— Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, visitou esta mañá aos alumnos do curso AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados) que iniciaron a súa formación nos locais de Cogami en Cabana de Bergantiños. Concretamente, están sendo formados 15 alumnos en Operacións Auxiliares en Servizos Administrativos e Xerais que conta cun apoio da Xunta de máis de 35.400 euros.

Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro. Trenor sinalou que “a través deste programa a Consellería de Emprego e Igualdade está investindo na provincia coruñesa máis de 14,5 millóns de euros para impartir 382 cursos”.

Os alumnos que participan nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnos vítimas de violencia de xénero ou con necesidades especiais, un programa que saíu publicado no Diario Oficial de Galicia (o pasado venres 29 de outubro).

O delegado territorial destacou que na área de Bergantiños Costa da Morte se están impartindo 42 cursos para formar a máis de 630 alumnos cun investimento que ascende a máis de 1,7 millóns de euros. Este tipo de formación está a celebrarse na súa maioría en empresas e entidades sen ánimo de lucro e catro deles están sendo impartidos polo Concello de Carballo. Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Esta iniciativa ten como obxectivo seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2021-2022), o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade dos alumnos.


Inserción media do 60%
A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, Así, nas últimas edicións alcanzouse un grao de inserción de preto do 60% e deles, 2 de cada 3, conseguírono nos seis primeiros meses tras a finalización do curso.

Na selección do alumnado teñen preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

CURSO AFD COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

AFD CONCELLO
CONCELLOENTIDADEESPECIALIDADEORZAMENTO
CARBALLOCONCELLO DE CARBALLOSOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG87.960,00 €
CARBALLOCONCELLO DE CARBALLOOPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS48.960,00 €
CARBALLOCONCELLO DE CARBALLOCOCIÑA82.140,00 €
CARBALLOCONCELLO DE CARBALLOMONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA51.690,00 €
TOTAL4270.750,00 €
AFD ENTIDADES
CONCELLOENTIDADEESPECIALIDADEORZAMENTO
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.ACTIVIDADES DE VENDA34.092,00 €
CABANA DE BERGANTIÑOSCONFEDERACIÓN GALEGA DE MINUSVÁLIDOS (COGAMI)OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS35.460,00 €
CARBALLOANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SLREPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE EDIFICACIÓN63.990,00 €
CARBALLOANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SLCONTROL DE PROXECTOS E OBRAS DE CONSTRUCIÓN64.455,00 €
CARBALLOANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SLSISTEMAS MICROINFORMÁTICOS52.086,00 €
CARBALLOANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SLCONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB53.649,00 €
CARBALLOCENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA CIVIL70.267,50 €
CARBALLOCENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.CORTINAS E COMPLEMENTOS DE DECORACIÓN33.772,50 €
CARBALLOCENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.CORTINAS E COMPLEMENTOS DE DECORACIÓN33.772,50 €
CARBALLOCENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.ARRANXOS E ADAPTACIÓNS DE GARANTÍAS E ARTIGOS EN TÉXTIL E PEL36.810,00 €
CARBALLOCENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.ARRANXOS E ADAPTACIÓNS DE GARANTÍAS E ARTIGOS EN TÉXTIL E PEL36.810,00 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.SEGURIDADE INFORMÁTICA46.962,00 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.SEGURIDADE INFORMÁTICA46.962,00 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO33.751,50 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO33.751,50 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL64.590,00 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL64.590,00 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS42.885,00 €
CARBALLOEINSTEIN FORMACIÓN S.L.CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS42.885,00 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS30.559,50 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N213.972,50 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.COMPETENCIA MATEMÁTICA N213.972,50 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N319.620,00 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.COMPETENCIA MATEMÁTICA N319.620,00 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.XESTIÓN E CONTROL DO APROVISIONAMENTO32.700,00 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS30.660,00 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO24.192,90 €
CARBALLOGABA FORMACIÓN, S.L.CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS30.559,50 €
LAXENATALI ASOREY ZORRAQUIANOCOMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N23.990,00 €
LAXENATALI ASOREY ZORRAQUIANOATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS38.520,00 €
LAXENATALI ASOREY ZORRAQUIANOATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO47.605,50 €
CEEACERTA FORMACION SLNECOMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N23.990,00 €
CEEACERTA FORMACION SLNEATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO47.605,50 €
CEEACERTA FORMACION SLNECREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS42.885,00 €
VIMIANZOGERIATROS S.A.U.ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS38.520,00 €
VIMIANZOLUIS FRANCISCO ROGET PÉREZCREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS42.885,00 €
ZASALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTEORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN31.792,50 €
ZASALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTECOMPETENCIA CLAVE NIVEL 2 PARA CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE CON IDIOMA GALEGO27.592,50 €
TOTAL381.432.784,40 €
TOTAL AFD CONCELLOS + ENTIDADES42 1.703.534,40 €  

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas