Home A Coruña Último día para anotarse no showcooking que ofrecerá Antonio Díaz este venres...

Último día para anotarse no showcooking que ofrecerá Antonio Díaz este venres en San Sadurniño, dentro do programa de difusión do Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla

- Anuncio -

As instalacións do novo centro de Moeche poderán visitarse nos días de feira

Tal e como avanzabamos a semana pasada, o Centro de Transformación Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural A Fusquenlla iniciará esta semana un programa de difusión financiado pola Consellaría do Medio Rural, coa finalidade de mostrar nos catro concellos promotores tanto os obxectivos do proxecto como as posibilidades dos produtos que se poderán elaborar nas súas instalacións: conservas de froitas e vexetais, marmeladas, zumes, envasado de mel, etc. O programa inclúe unha serie de demostracións culinarias ao vivo dirixidas polo cociñeiro Antonio Díaz, responsable nos últimos anos de varias iniciativas hostaleiras que apostan polo produto de proximidade. A primeira delas desenvolverase este venres na Casa da Cultura de San Sadurniño a partir das 18:00h. Fai falla inscrición previa a través deste formulario, dispoñible na web www.afusquenlla.gal, onde tamén acaba de publicarse un vídeo que percorre as instalacións do novo centro situado no recinto feiral de Moeche.

As seguintes citas -tamén en venres e á mesma hora- terán lugar na Casa da Cultura de Valdoviño o 29 de outubro, na Nave do Mercado de Moeche o 12 de novembro e na Casa da Cultura de Cerdido o 19 de novembro, intercalando entre esas datas -o 5 de novembro- unha visita a outro centro similar situado no concello coruñés de Brión.

Ao longo deste calendario, o chef Antonio Díaz -que rexentou durante quince anos o restaurante Andarubel, no acceso ás Fragas do Eume- falará sobre o potencial culinario do produto local conservado, preparando durante as sesións distintos pratos e incidindo no alto valor engadido que teñen este tipo de elaboracións que en breve tamén se poderán facer co equipamento dispoñible n’A Fusquenlla.

As charlas teñen un cupo limitado a 25 persoas, polo que fai falla anotarse previamente no formulario en liña, que pechará dous días antes de cada cita. Desta maneira, este mércores finaliza o prazo de inscrición para o showcooking de San Sadurniño, aínda que hai posibilidade de seguir apuntándose para os que se celebrarán nos outros municipios até esgotar as prazas.

Alén de dár a coñecer os obxectivos d’A Fusquenlla e as posibilidades da preservación de zumes e outros produtos da terra, o plan de difusión tamén pretende propiciar o encontro entre persoas da zona interesadas en utilizar as instalacións cando entren en funcionamento.

Para coñecer máis en detalle que é A Fusquenlla, os catro concellos promotores -Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño- publicaron hai escasos días unha web que resume o proxecto, integrado na rede de espazos de traballo colaborativo da Deputación da Coruña. No sitio www.afusquenlla.gal pode facerse un percorrido fotográfico e audiovisual por unhas instalacións cofinanciadas con fondos provinciais e do programa Leader Seitura 22.

Visitas guiadas os días de feira en Moeche
Porén, quen queira visitalas en persoa terá oportunidade de facelo xa este sábado 23, día de feira en Moeche. Na Nave do Mercado estará instalado un posto informativo onde apuntarán para facer dous percorridos guiados polas dependencias d’A Fusquenlla, un ás 10:00h e outro ás 12:00h.

As visitas, en grupos de 10 persoas, repetiranse cos mesmos horarios nas feiras do 11 e do 23 de novembro, así como ao remate do showcooking que se celebrará en Moeche na tardiña do día 12.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas