HomeA CoruñaUn ano despois, o vial 4 segue no aire

Un ano despois, o vial 4 segue no aire

- Anuncio -spot_img

Alternativa dos Veciños levou ao pleno a situación do vial anunciado polo goberno municipal para conectara rúa Pablo Picasso coa glorieta xunto á ponte da ría.


Alternativa esixiu información clara sobre os avances do vial 4 que, de executarse, suporía unha importante transformación da mobilidade no Burgo.

Alternativa dos Veciños advertiu que, un ano despois do anuncio, non existe ningunha información pública sobre avances concretos, prazos ou previsións reais para o desenvolvemento deste proxecto. Tamén trasladou a preocupación veciñal existente ante a posibilidade de que as obras que se están a executar en Rúa Pablo Picaso e Rúa Colina poidan condicionar ou dificultar no futuro a execución do vial.
O goberno municipal non ofreceu datos concretos, pero comprometeuse a responder por escrito de cara á sesión plenaria de Abril.
O grupo considera que a falta de información sobre unha actuación desta relevancia xera incerteza innecesaria e impide coñecer con claridade a realidade deste vial.

Publicacións Relacionadas