Home A Coruña Un autobús coa imaxe de “Carballo levámolo dentro” percorre a partir de...

Un autobús coa imaxe de “Carballo levámolo dentro” percorre a partir de hoxe o noso concello

- Anuncio -

O venres 14 estará estacionado na Praza do Concello e queremos conseguir a 365 persoas orgullosas de ser de Carballo para facer unha foto nel

Transmitir unha imaxe en positivo do noso concello é un dos eixos da acción do goberno municipal. Nos últimos anos vimos traballando para a consecución dese obxectivo a través de distintas campañas, como Eu quero Carballo, coa que arrincamos no ano 2019, ou Máis de Carballo que o pan. Da unión de ambas xurdiu no ano 2023 Carballo levámolo dentro, coa que pretendemos chegar ao corazón mesmo da veciñanza e conseguir manter esa implicación popular no obxectivo que debe unir a todos os carballeses e carballesas: facer fachenda do noso pobo.

Polo gran simbolismo que ten entre a poboación, cada ano escollemos a data do 14 de febreiro para transmitir unha imaxe de Carballo baseada no fomento do orgullo de pertencer a este concello e na promoción de prácticas cidadás cotiás que contribúan a mellorar a imaxe que trasladamos, tanto interna coma externamente, reforzando o traballo de mellora continua dos espazos urbano e rural.
Con esa filosofía, este ano volvemos insistir en que Carballo levámolo dentro cunha acción que arrincará o 14 de febreiro pero que queremos estender ao longo de 365 días. Desde hoxe mesmo podes ver circulando polo concello un autobús coa imaxe da campaña. Cada día, o vehículo irá incorporando novos elementos, e o venres estará estacionado na Praza do Concello, xa totalmente decorado, para convidar a toda a cidadanía a facer fachenda do noso pobo.
O autobús, cedido pola empresa Costa como escaparate do orgullo que queremos transmitir polo noso concello, servirá como posadoiro ou photocall para que todas as persoas que o desexen poidan fotografarse diante del. O reto é conseguir 365 voluntarios e voluntarias, para poder publicar unha foto cada día ao longo de todo un ano. E para facilitar a participación, contaremos cun fotógrafo a pé de autobús de 12.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Todas as persoas que participen na iniciativa serán agasalladas cun pin e unha bolsa conmemorativos.

Relacionadas

Evacuado o alumnado do IES de Arzúa debido a un incendio no centro

0
Os bombeiros do parque provincial das Arzúa participaron esta mañá nun operativo provocado por un incendio nun dos aseos do IES de Arzúa. Parte do...

O BNG exixe á Xunta no Parlamento que remate dunha vez coa “situación demencial”...

0
Rosana Pérez reclama o persoal médico que precisan os dous centros nun Pleno ao que asistiron un cento de veciños e veciñas e o...

A Copa de Galicia de Kenpo Infantil se celebrará en Palmeira o vindeiro sábado...

0
Hoxe se presentou a Copa de Galicia de Kenpo Infantil que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer...

O VI Certame “Dillo Ben Bonito” encara a súa recta final

0
• O prazo para presentar dedicatorias de amor remata o 12 de febreiro O Concello de Laxe recorda que o vindeiro 12 de febreiro finaliza...

A Banda Municipal de Música ofrecerá xunto a oito estudantes do Conservatorio Superior de...

0
Interpretaranse composicións de Strauss, Mozart ou Chapí A Banda Municipal de Música da Coruña actuará este xoves 13 de febreiro a partir das 20.00 horas...

Abe Rábade presenta este xoves ‘Tempo de cor’ no Teatro Principal

0
O pianista compostelán explora a forza evocadora da cor no seu décimo sexto traballo, na compaña de Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno...

Publicacións Relacionadas