Home A Coruña Un cento de alumnos da cidade optan a participar no programa Bolsas...

Un cento de alumnos da cidade optan a participar no programa Bolsas Norteamérica 2025-2026

- Anuncio -

O Concello publica a listaxe de solicitudes admitidas para cursar 1º de Bacharelato en Canadá

Un total de 102 estudantes pertencentes a centros docentes do municipio optan a unha das prazas convocadas polo Concello da Coruña para cursar 1º de Bacharelato en Canadá. As listaxes das solicitudes admitidas e excluídas pódese comprobar na web educativa municipal (www.coruna.gal/educacion). “Con este programa o Goberno de Inés Rey quere mellorar a formación en idiomas do alumnado da cidade e permitirlles vivir unha experiencia única que os fortalecerá para a vida adulta”, sinala Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.

Foron un total de 123 as solicitudes presentadas, das que 102 foron admitidas. As 21 restantes foron excluídas por estar duplicadas, por non presentar a solicitude por rexistro ou por non axustarse aos requisitos establecidos nas bases que regulan a convocatoria. Con todo, desde o vindeiro luns e ata o día 24 de xaneiro ábrese un prazo para presentar posibles reclamacións. Logo de finalizar este prazo, unha comisión formada por técnicos municipais de Educación e Servizos Sociais procederá á valoración das solicitudes finalmente admitidas. Consonte a baremación realizada pola dita comisión, publicaranse as listaxes provisionais das solicitudes seleccionadas e daquelas que quedarán na listaxe de agarda.
O programa ‘A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2025-26’, a través do cal se ofertan un mínimo de 25 bolsas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá durante o próximo curso escolar, está orientado ao alumnado que cursa actualmente 4º da ESO nos centros educativos do municipio da Coruña. O Concello, a través da Concellería de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, destinará 650.000 euros a este programa, cun custo inicial de 26.000 euros por praza, que pode verse rebaixado segundo as ofertas presentadas polas empresas que opten a xestionar o programa.

O programa inclúe a estancia en Canadá durante o período correspondente a un ano académico neste país, vivindo cunha familia residente, e a escolarización nun centro educativo de Canadá (High School), en réxime de libre elección das materias ofertadas que mellor se correspondan co nivel de 1º de Bacharelato do sistema educativo español, dentro do marco normativo establecido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para a validación destes estudos.

Ademais, inclúe aspectos como a tramitación e obtención do visado de entrada en Canadá, as viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino en Canadá para cada participante; o seguimento e control do alumnado participante, a posterior validación dos estudos, asistencia sanitaria, así como 120 euros mensuais durante os dez meses de estancia en Canadá como axuda para manutención; e a achega dunha axuda de 400 euros para o alumnado con menores recursos económicos, condicionada a un informe de vulnerabilidade social emitido polos servizos sociais municipais.

Criterios de selección

Os criterios establecidos para a selección dos participantes céntranse na cualificación media en 3º curso da ESO, a cualificación final da materia de inglés en 3º curso da ESO, a renda económica da unidade familiar e a situación sociofamiliar da persoa solicitante.

Tal como se detalla nas bases, existen dous tipos de bolsas. Así, serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive), de acordo coa táboa establecida para o efecto con respecto aos ingresos familiares; mentres que, no caso das bolsas parciais, o Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 65% do custo da praza do alumnado seleccionado, de tal maneira que as familias en ningún caso terán que achegar máis do 35% do devandito custo da praza.
Para participar no programa e ser beneficiario/a de estas axudas, o alumnado escolarizado nun centro educativo do termo municipal do Concello da Coruña debe estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude; estar matriculado e cursando 4º de ESO nun centro escolar da Coruña no curso2024-2025, contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa, así como contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
Para máis información, pódese consultar a web municipal: www.coruna.gal/educacion

Relacionadas

O Concello destina 54.641 euros para reforzar a área de Servizos Sociais

0
• Hoxe, venres 10 de xaneiro, aprobouse en pleno a proposta para o Plan Único Adicional da Deputación dá Coruña. O Concello de Miño aprobou...

Retiran a partir do luns o tellado de uralita con amianto da Casa da...

0
O Concello informa de que o inmoble permanecerá pechado en tanto se realicen as tarefas de desamiantado O Concello de Neda informa do arranque efectivo...

O goberno de Sanmartín anuncia que se presentará en 2025 á nova EDIL para...

0
O goberno que preside Goretti Sanmartín fixou hoxe os retos para este ano cun primeiro obxectivo inmediato como é a aprobación dun novo orzamento....

Alternativa logra a mellora da sede electrónica do Concello de Culleredo

0
O novo portal simplifica e facilita os trámites da veciñanza O pasado día 1 de xaneiro comezou a estar operativa a nova sede electrónica do...

Mostra de pintura de Francisco López Pico na Fábrica

0
O centro cultural A Fábrica de Perillo acollerá do 15 ao 29 de xaneiro a mostra de pintura “Sueños y realidades” de Francisco López...

Xosé A. Touriñán e Javier Veiga ofrecerán un monólogo solidario no Teatro Colón o...

0
As entradas, a un prezo de 10 euros, sairán á venda este sábado ás 11.00 horas O vindeiro xoves 16 de xaneiro celebrarase no Teatro...

Publicacións Relacionadas