Máis dun cento de persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron Festa de Entroido no centro de día de Lousame. A festa tivo lugar o pasado venres pola tarde e contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen amosou a súa satisfacción “pola activa participación dos nosos maiores nesta festa, elaborando os seus disfraces e bailando algunhas pezas ao ritmo da música de O Son do Pote, a quen agradecemos unha vez máis a súa colaboración nestes eventos”.
A música correu da man de O Son do Pote, cuxos integrantes apareceron tamén disfrazados e interpretaron diversas pezas tradicionais. Pola súa banda, as persoas usuarias do centro de día lousamiá elixiron este ano a temática pirata para os seus disfraces, polo que ían caracterizados cos seus gorros e traxes. Uns disfraces elaborados por eles mesmos con materiais de refugallo e nunhas instalacións decoradas con motivos de Entroido coas creatividades realizadas tamén polos eles mesmo.