HomeA CoruñaUn ferido tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados no...

Un ferido tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados no lugar de Vimianzo, no propio concello

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque provincial de Cee acudiron esta mañá ata o lugar de Vimianzo por un accidente de tráfico no que se viron implicados dous vehículos e no que unha persoa quedou atrapada e ferida.

O incidente tivo lugar no punto quilométrico 70 da AC-552. Os bombeiros axudaron a saír do vehículo á vítima, que só estaba algo atordada. Posteriormente procederon a limpar a estrada.

Publicacións Relacionadas