A moción presentada foi aprobada por unaminidade de todos os grupos. Ademais parte de mellora da infraestructura deportiva, xa foi incluída no modificativo de crédito aprobado na mesma sesión plenaria.
A formación celebra que este é un paso adiante para que a veciñanza de Sésamo poida volver a disfrutar das instalacións deportivas, que se mellore a contorna da Capela de San Cosme e se tomen medidas de conservación dalgunhas das estradas de acceso á parroquia.
“A rexeneración destas zonas para o lecer e o deporte son un servizo para a veciñanza da parroquia, pero tamén para aqueles que viven nas zonas máis urbanas.” Sinala Thais Palla.



